lunes, 17 de mayo de 2010

17 Maio, día das Letras Galegas

BUSQUEITE

“Busqueite espido de tons pastel.

Busqueite no fondo dunha cunca de café frío.

Amargo. Revolvendo insistentemente.

Busqueite coma un azucre

Que non se quere disolver.

Así estás ti no meu corazón.

Busqueite alí, e a cunca nunca se quedou baleira.

Busqueite azul. Azul e de tons grises.

Nun gran paseo estreito, preto do mar.

Coma as nubes na cidade.

Busqueite ali; así estás ti no meu corazón.

Chovendo en min todo o inverno.

Chovendo en min toda a estación.

Pero por desgracia, nunca chove a gusto de todos.

E coma todo, farta cansa e aburre.

E coma con todo, deixei de buscarte.”


(Poema escrito vai tanto tempo que o único que lembro é levar o uniforme azul, coma o poema, e unha folla en branco diante no lugar de facer as tarefas).

No hay comentarios: